O PP de Lugo edita un boletín co traballo realizado durante este semestre
O PP explicará de ti a ti á cidadanía o traballo feito neste semestre co apoio dun boletín informativo. Na presentación da publicación de Contigo Lugo a voceira popular explicou que combinarán a difusión do nº2 do boletín dixital con repartor na rúa que se desenvolverán a vindeira semana.
Na portada do nº2 de Contigo Lugo o PP felicita aos lucenses o Nadal cunha imaxe grupal ao pé dunha árbore de Nadal feita con 54 caixas de agasallos que representan as parroquias do municipio que coroa a estrela que representa a cidade.
En Contigo Lugo ademais de recompilar algunhas das accións do Grupo Popular das últimas semanas, hai artigos monográficos de proxectos como a construción da nova comisaría da policía nacional un asunto que o Partido Popular colocou no centro do debate conseguindo que técnicos do Ministerio do Interior avaliasen as 3 opcións para situar esta dotación.
Outra das planas do boletín está dedicada ao Pasado, Presente e Futuro do barrio de A Residencia, "xa que supón un exemplo perfecto de como un barrio pode reinventarse e no que se destaca o compromiso e esforzo inversor da Xunta de Galicia".
Neste caso dende o PP búscase dar participación á veciñanza coa iniciativa dunha exposición fotográfica que se está preparando coas achegas da veciñanza para construír un gran mural de lembranzas da zona.
A aprobación do 5% do Plan Xeral foi outra das novas máis agardadas pola veciñanza da zona rural. Dende o Partido Popular agradecen á Xunta a actitude colaboradora e o desbloqueo deste documento que explicaron de parroquia en parroquia no mes de novembro.
A contraportada é unha chamada de atención pola improvisación coas que se están facendo as obras do centro e as consecuencias que está a ocasionar aos residentes e pequeno comercio nesta campaña do Nadal.
A maiores hai seccións fixas Estivemos contigo ou outra na que se detallan iniciativas presentadas a Pleno e comisións.