O PP de Lugo esíxelle ao Goberno local que actúe para levar a cabo o aparcadoiro do Carme

LugoXa
"O aparcadoiro do Carme é “unha infraestrutura prioritaria para Lugo que mellorará a mobilidade na zona e ofrecerá unha alternativa real", explica Ramón Cabarcos
Zona-Aparcadoiro-O-Carme-Lugo
27 Nov 2024

O Partido Popular de Lugo critica lamenta que o goberno local "intente xustificar a súa inacción no proxecto do aparcadoiro disuasorio na Rúa Poeta Noriega Varela, alegando que a execución desta infraestrutura está vinculada a un convenio asinado no ano 2021 para reparar o tellado da Capela do Carme".

O vicevoceiro popular, Ramón Cabarcos, sostivo que son "case dous anos perdidos e cero avances: o Goberno local segue bloqueando o aparcadoiro disuasorio do Carme con falsas escusas”.

O convenio para a creación deste aparcadoiro asinouse en marzo de 2023, de forma independente ao acordo de 2021, e segundo figura no documento, non existe ningún impedimento legal ou administrativo que xustifique que, a día de hoxe, esta infraestrutura siga sen iniciarse.

Así, Cabarcos denunciou “este novo intento de confundir á cidadanía e de faltar á verdade”, esixindo “máis solucións e menos desculpas”, xa que o aparcadoiro do Carme é “unha infraestrutura prioritaria para Lugo que mellorará a mobilidade na zona e ofrecerá unha alternativa real para suplir a falta de aparcamento que temos en Lugo”.

Para os populares, "a paciencia dos lucenses ten un límite", polo que instan ao bipartido a que se deixe de buscar escusas e cumpra cos seus compromisos.

0.099974155426025