O PP de Lugo estrea páxina web e inclúe o chat do cidadán

LugoXa
El PP de Lugo estrena página web con un almuerzo. Esta nueva página web incluye un chat del ciudadano para mantener contacto directo.
almorzo pp paxina web lugo
8 Abr 2022

O PP intensifica a proximidade cos lucenses cunha web máis dinámica e interactiva, na que incorpora o chat do cidadán, a través do que calquera persoa pode enviar a súas propostas ou queixas, e así acertar mellor nas decisións e na liña de actuación da formación de caras ás eleccións de 2023.

Tal e como informou a presidenta provincial, Elena Candia, será o vicesecretario de Fomento, Afiliación e Programas, José Manuel López Rodríguez, o que se encargue de canalizar todas as mensaxes de WhatsApp de xeito que a resposta sexa o máis inmediata e precisa posible.

Os populares elixiron o día de onte para a presentación e activación do novo portal porque “España comezou a pasada fin de semana unha nova etapa”. “Os valores que representa o presidente Feijóo son traballo, proximidade e xestión; os mesmos valores, dixo, que intentamos transmitir con esta iniciativa que abrimos á sociedade lucense”, destacou ao tempo que remarcou que “o que intentamos cada día que isto sexa a nosa carta de presentación para convencer aos nosos veciños e veciñas desta provincia”. Tal é así que se referiu ao presidente do Partido Popular como “o mellor arquitecto para construír unha alternativa a un Pedro Sánchez , que non está á altura das circunstancias, e que ata fixo bo a Zapatero”, sentenciou.

“Facer provincia”
Na nova páxina está representada toda a estrutura do Partido pero tamén todas aquelas liñas de actuación “nas que traballamos para mellorar a nosa provincia”; de aí que o formato elixido para facer pública a páxina www.ppdelugo.es fose un almorzo informativo con produtos “que nos representan como lucenses; en definitiva, como provincia”.

Precisamente, neste traballo de facer provincia, destacou que 19 agrupacións municipais xa renovaron a súa estrutura -Ribadeo, Viveiro, Burela, Vilalba, Monforte de Lemos, O Incio, Páramo, Guntín, Friol, Sober, Portomarín, O Corgo, A Fonsagrada, Baleira, Muras, Rábade, Monterroso, Trabada e Baralla-, e adiantou que, despois da Semana Santa, se retomará a programación que se viu paralizada debido á convocatoria do Congreso Nacional. Neste senso, adiantou que Chantada será a próxima agrupación que elixirá nova directiva. Ademais, constituíronse dúas xestoras: Sarria e A Pastoriza. “Isto implica que creamos importantes grupos de traballo de cara á municipais e que suman medio millar de persoas; estruturas fortes para presentar alternativas gañadoras nas municipais. Somos un Partido que está medrando. A sociedade lucense nos mira con expectativas e con miras de recuperar gobernos e tamén a Deputación”. A este respecto, Elena Candia defendeu a importancia do cambio no organismo provincial. “Dos 7 días que ten a semana, Tomé dedícalle 4 a Monforte. Temos matematicamente unha Deputación sen presidente. Non o di Elena Candia nin o PP, senón o propio presidente”, detallou.

Características da nova web
O desenvolvemento da nova páxina é o de web responsive e totalmente adaptada a todos os dispositivos (móbiles, tabletas, ordenadores...). Para a súa creación empregouse o CMS WordPress, debido a que é moi amigable cos motores de busca e isto facilita o seu posicionamento en Google. Mantense en todo momento a imaxe corporativa, respectando as cores e tipografías oficiais. O backend de WordPress, así como o editor visual empregado (Elementor) facilita a xestión de contidos das persoas que se encarguen dos contidos web. É, por tanto, unha páxina dinámica, interactiva, escalable e aberta a novas funcionalidades.

Elena Candia estivo acompañada da CEO de Pekecha –empresa creadora do portal-, ademais de por outros cargos orgánicos como o secretario xeral, Javier Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, o voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, e o voceiro e vicevoceiro do Grupo Municipal de Lugo, Ramón Carballo e Antonio Ameijide, respectivamente.

0.20267200469971