O PP de Lugo instará ao Goberno local de Lugo a ceder a parcela para a construción dun novo centro de saúde

A voceira do Grupo Popular lucense, Elena Candia, presentoulles aos veciños do Sagrado Corazón a iniciativa que o PP defenderá no pleno deste decembro: “queremos que se materialice a cesión da parcela do antigo colexio para a construción dun novo centro de saúde”.
Así, di que a Consellería de Sanidade leva agardando, desde o ano 2021, a que o goberno local lle entregue os terreos para facer esta dotación.
"Esta inexplicable falta de xestión motivou que se perdesen as partidas orzamentarias da Xunta previstas para o proxecto do Centro de Saúde do Sagrado Corazón dos anos 2022, 2023 e 2024", por iso, urxe desbloquear esta cuestión para evitar que se perdan os fondos do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria para 2025.
Os populares expresaron a súa preocupación polos "bandazos da alcaldesa sobre a localización desta dotación, xa que nas dúas reunións que mantivo na delegación territorial á alcaldesa chegou a acordos para ceder os terreos do antigo colexio; logo nos enteramos pola prensa que ofrecían unha nova ubicación para o centro de saúde fóra do barrio; e na reunión que mantivo a alcaldesa, hai máis de dous meses, anunciou unha solución inminente e, por último, agora somos coñecedores de que demandan solo para levar o centro de saúde ao novo desarrollo urbanístico que se contempla no PIA", critica Candia.
Ante esta situación de cambios de criterio, o Partido Popular dá un paso máis e presenta unha proposición a pleno para avanzar e zanxar este asunto que “de forma incomprensible” sigue estancado.