O PP de Lugo mostra as actuacións previstas que mellorarán a seguridade viaria do barrio Castelo

LugoXa
As accións incluídas contemplan a creación dunha senda peonil, a instalación de dous novos pasos de peóns e o reforzo da sinalización
PP-de-Lugo-con-veciños-do-barrio-Castelao
4 Apr 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular reuniuse cos veciños de Castelo para presentarlles as actuacións previstas que mellorarán a seguridade viaria do barrio. As accións incluídas contemplan a creación dunha senda peonil, a instalación de dous novos pasos de peóns e o reforzo da sinalización.

A Xunta de Galicia vén de adxudicar as obras para a mellora da seguridade da estrada LU-530 ao seu paso por Castelo. A primeira fase dos traballos iniciarase despois de Semana Santa, atendendo as demandas que os veciños trasladaron ao Grupo Municipal Popular en xullo de 2024, durante unha reunión enmarcada no programa de encontros cos veciños que o PP desenvolve nos distintos barrios e parroquias da cidade.

Dende o Grupo Municipal Popular sosteñen que esta vía, de titularidade autonómica, debería ser transferida ao Concello mediante convenio de colaboración, como xa se fixo no tramo da rotonda de San Eufrasio. Isto permitiría unha xestión conxunta entre ambas administracións para realizar actuacións acordes co carácter urbano da zona. Pero denuncian que "se negaron a aceptar esta proposta, polo que a totalidade das melloras na seguridade viaria terá que ser executada exclusivamente pola Xunta de Galicia".

O compromiso do Grupo Municipal Popular cos veciños de Castelo refórzase coa presentación do inicio destas obras, dando resposta ás demandas expostas en diversas reunións mantidas nos últimos meses.

As actuacións que se executarán inclúen:

  • A creación dunha senda peonil de 360 metros de percorrido cun investimento de 610.500 euros, dividida en tres fases para axilizar os traballos.
  • O estreitamento dos carrís de circulación en todo o tramo limitado a 50 km/h (reducindo a súa anchura de 3,50 metros a 3,20 metros) para ampliar as beiravías.
  • A instalación de balizas cilíndricas reflectoras que mellorarán a visibilidade da separación entre carril e beiravía, favorecendo a redución da velocidade dos condutores.
  • O reforzo da sinalización horizontal e vertical, incluíndo carteis luminosos que advertirán aos usuarios da vía sobre as súa características singulares, fomentando unha conducín máis segura.

Con estas medidas, o Grupo Municipal Popular reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria en Castelo, a pesar da falta de apoio por parte do goberno municipal, e segue traballando para atender as demandas dos veciños.

⚙ Configurar cookies
0.17670106887817