O PP de Lugo non entende o atraso de 14 anos que arrastra a Biblioteca da Piringalla
O Partido Popular queixase da situación que está a vivir a obra da da biblioteca da Piringalla afirmando que “é un exemplo de que temos un bigobierno que non sabe xestionar a execución da que foi unha das súas obras públicas máis anunciadas”. Antonio Ameijide lembra que “houbo cambios na delimitación da parcela onde se construíu, modificados de proxectos; mala execución dos traballos con informes que advertían da inseguridade da estrutura metálica e por último a resolución do contrato. Ademais explica que, como sempre houbo neglixencia á hora de impulsar este edificio, xa que a xunta de goberno do 21 de xaneiro de 2015 na que se acorda incoar o expediente de resolución tamén decide remitir o expediente ao Consello Consultivo de Galicia para que ditamine se procede ou non esta resolución. O expediente remitiuse fóra de prazo polo que se devolve ao Concello a documentación sen pronunciarse sobre o fondo do asunto por que caducase o prazo e se retrotrae o procedemento.
Para Ameijide resulta incomprensible que tardasen dous anos en tomar a decisión de rescindir os contratos de obra e dirección facultativa a pesar de que existía un informe do 26 de febreiro de 2013 en que de forma concluínte dicía que a estrutura executada non se axustaba ao proxecto aprobado, que se modificou o sistema estrutural de nos, que a dirección facultativa non paralizou a obra a pesar deste desaxuste incluso a obra chegouse a executar fóra de prazo.
Cronoloxía Obra Biblioteca Piringalla
A biblioteca da Piringalla é un proxecto que nace no ano 2008 coa contratación do proxecto e a dirección de obra. En xullo de 2010 contrátase a súa execución polo que a biblioteca tería que estar terminada o 3 de maio de 2011.
A obra estivo oito anos parada. Desde abril do 2012 ata febreiro de 2020. Nese momento levaban gastados no seu esqueleto metálico máis 230.950 € e que mesmo se chegaron a orzar 75.000 € para dotala de mobiliario.
O segundo proxecto. O concello adxudica o 25 de xuño de 2018 a elaboración da redacción de segundo proxecto básico e de execución de obras do centro de convivencia da Piringalla por un importe de 17.545 euros.
O 2 de outubro de 2019 adxudícase a obra por 818.712,1euros a Obras Gallaecia. O prazo de execución é de 18 meses. A dirección de obra custa 39.630 euros.
Por tanto tería que estar aberta fai máis dun ano en marzo de 2021.