O PP de Lugo non presentará iniciativas para as comisións nin para o pleno de marzo

O Grupo Municipal do PP decidiu renunciar a presentar iniciativas para as comisións e o pleno do mes de marzo. Esta decisión ten como obxectivo facilitar a reorganización do goberno local tras o falecemento da alcaldesa.
“Somos conscientes de que nos atopamos ante unha situación excepcional e imprevisible, e queremos actuar dende a empatía persoal e a responsabilidade institucional. Neste sentido, o noso compromiso é colaborar para que o Concello poida reestruturarse neste momento tan complexo", explican.
Ademais, destacan que isto non significa "unha paralización do noso labor como principal grupo da oposición. Continuaremos traballando con dedicación e compromiso polos veciños e defendendo as nosas propostas. Porén, entendemos que, nun contexto como o actual, o prioritario é que o Concello recupere a súa normalidade o antes posible", subliñaron.