O PP de Lugo pedirá no pleno a apertura auditorio de Magoi

LugoXa
Unha vez finalizadas as obras de reparación das patoloxías do edificio lembran que están a espera de que o Goberno municipal poña en marcha a infraestrutura
auditorio_de_magoi_lugo
23 Aug 2024

Cando se cumpren 4 anos e 2 meses dende que o bipartito de Lugo ten as chaves do auditorio de Magoi os concelleiros do Grupo Popular piden a apertura do Centro Cultural-Auditorio da Cidade de Lugo. Unha vez finalizadas as obras de reparación das patoloxías do edificio lembran que están a espera de que o Goberno municipal poña en marcha unha infraestrutura que se deteriora co paso dos días sen uso.

Denuncian moitos anuncios, escusas e contradicións pero os lucenses seguen sen ter o Auditorio. Dende o Grupo Municipal do Partido Popular parécelles  inaceptable que un investimento de máis de 20 millóns de euros siga sen estar a disposición de artistas da cultura, os que aínda recentemente iniciaron unha campaña reivindicando a súa apertura

Recordan que pasaron máis de 4 anos, dende que a actual alcaldesa, Paula Alvarellos, firmase a formalización da acta de recepción do Auditorio de Magoi, que segue pechado e nada se sabe da data de apertura do mesmo. “Tampouco se o Goberno local apostará pola xestión pública do edificio dado o carácter privatizador no que están inmersos”.

0.18915891647339