O PP de Lugo pedirá no pleno estudar as alegacións contra a planta de Coeses

LugoXa
O PP defende a máxima transparencia e información rigorosa sobre o proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos
Reunión-Informativa-Planta-Coeses
19 Xuño 2024

O PP defende a máxima transparencia e información rigorosa sobre o proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización de Coeses. Na reunión que se celebrou, Elena Candia ofreceu axuda á veciñanza para preparar alegacións individuais e avanzou que “o grupo municipal tamén presentará as súas” tamén explicou que no vindeiro pleno do Concello defenderán unha iniciativa “para instar ás administracións competentes a estudar as alegacións que se presenten e, conforme a lei, sexan tidas en conta”

O Grupo Municipal leva xa tempo informando aos veciños sobre este proxecto tanto en reunións coas directivas dalgunhas asociacións, en reunións abertas á cidadanía como a que se celebrou onte ou, tamén, a título particular  A voceira do Grupo Municipal do PP afirma é prioritario que “haxa a máxima transparencia e información rigurosa” e, en segundo lugar, manifestou que “queremos axudar e dár asistencia ás persoas que están preocupadas pola implantación na parroquia de Coeses desta iniciativa empresarial”

O sábado día 8 de xuño o Grupo Popular mantivo un encontro cos presidentes das Asociacións das parroquias de Soñar e de Cuíña para informar que estaba a exposición pública e se lles trasladaba que o Grupo Municipal do PP presentaría tamén alegacións ao proxecto. Nesa xuntanza acordouse facer un novo encontro aberto á cidadanía que se celebrou onte na Gasoliñeira Ponte Branca e onde participaron veciños de Coeses, Soñar, Santa Comba, Nadela, Conturiz, San Xoán do Campo e Santiago de Saa.

Na reunión a voceira popular tamén avanzou que ofrecerá asistencia e información técnica a aquelas persoas que queiran presentar alegacións, suxestións ou observacións individuais para a súa posterior valoración. Van poñer  a súa disposición a persoal cualificado que os atenderá.

0.069387197494507