O PP de Lugo pide que saque a licitación o programa Aprende xogando

LugoXa
O PP pide ao equipo de goberno que saque de forma urxente a licitación os pregos do programa ‘Aprende xogando’
Aprende Xogando 2021
30 Abr 2023

Macamen López faise eco dunha denuncia realizada polo sindicato CC.OO e reflexiona sobre a necesidade de que o goberno local de Lugo deixe a un lado “obras totalmente innecesarias como as Caldas do Miño, o carril bici ou o edificio Impulso Verde e preocúpese de verdade polas necesidades dos lucenses” como pode ser o caso dos máis pequenos.

A concelleira popular incide na necesidade de licitar en mellores condicións o programa ‘Aprende xogando’ unha iniciativa interesante pero que precisa de cambios substanciais, como máis persoal. “É preciso dotar de máis persoal este servizo xa que na actualidade cando os traballadores entregan aos nenos aos seus pais e nais teñen que deixar ao resto sos nas aulas, unha situación preocupante”, reflexiona.

Macamen López sinala que, como noutros servizos municipais, como pode ser o centro de día municipal Antonio Gandoy, tamén hai que renovar equipamentos e dotar ao persoal e usuarios do material necesario para desenvolver as actividades.

Apoio escolar

Macamen López denuncia que un dos servizos que ofrecen aos nenos e nenas usuarios deste servizo é o apoio escolar, unha tarefa que se realiza sen unha rede wifi, sen ordenadores (os usuarios teñen que aportar os seus aparatos e os traballadores compartir datos dende os seus teléfonos).

A concelleira popular pide “seriedade e traballo” ao equipo de goberno para solucionar problemas reais e as necesidades dos lucenses xa que “dilapidando fondos europeos en proxectos sen utilidade para a veciñanza e que non solucionan os problemas”.

0.15614581108093