O PP de Lugo pide que se corrixan as deficiencias na praza do Cantiño
Os concelleiros do PP fanse eco das queixas dos lucenses sobre a falta de mantemento da Praza do Cantiño, un espazo ao pé da Muralla, inaugurado hai 11 anos, e que ten un acceso ao monumento romano que deixa moito que desexar.
Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular presentará un rodo para que se corrixan as deficiencias detectadas, entre as que están que non se substitúen as luminarias fundidas desde hai moito tempo (como as que hai no chan ou as tiras led nos bancos). Tamén falta de coidado das árbores. Hai dous arces xaponeses, un dos cales secou hai 2 anos, os veciños pediron que se plantase outro, pero nunca se substituíron.
Ademais, aseguran que non se limpan as pintadas, problemas de sucidade...
Os populares entenden que urxe arrombar este espazo e non entenden como PSOE e BNG presumen de peonalizar rúas gañando espazos para os lucenses cando logo son incapaces de manter o que hai feito. “A praza do Cantiño é o mellor exemplo de como funciona este goberno que só traballa para a galería uns meses antes das eleccións”, denuncian.