O PP de Lugo pide un Plan de contención para reducir o gasto e non subir os impostos
O PP pide un Plan de contención para reducir o gasto innecesario e mellorar o mantemento dos centros educativos. Os populares tamén reclaman o impulso de infraestruturas como a nova Comisaría da Policía Nacional, urxen a adhesión ao VioGen e defenden varias peticións relativas á mobilidade
Piden ao Goberno local que en vez de subir os impostos se faga un plan de contención para reducir o gasto público. Esto implica unha revisión e redución de gastos superfluos para mellorar a economía municipal sen cargar aumentos nos recibos á veciñanza. Consideran que é preciso “poñer coto ao gasto en instalacións inútiles como as Caldas do Miño e gastos correntes prescindibles como o aluguer das naves no Corgo para gardar as turbinas da fábrica da luz e os flotadores da praia fluvial”.
Lembran que Concello de Lugo vén de solicitar un crédito de 13,5 millóns de euros para facer investimentos o que supón un “endebedamento moi importante que hipoteca o futuro das contas municipais”. A mellora do mantemento dos centros educativos, que é unha competencia municipal, centrará o debate doutra proposición do PP.
Nesta iniciativa piden un exercicio de transparencia co ánimo de que estean en perfecto estado os colexios de Lugo para o comezo do curso escolar. Solicitan unha memoria que reflicta as actuacións feitas de arranxos e limpeza nos colexios así como o seu custe. Os populares tamén instarán ao Concello a reclamar ao Ministerio de Sanidade a necesitade de profesionais sanitarios de atención primaria así como defender a igualdade entre españois e en contra de privilexiar a unhas comunidades autónomas fronte a outras.