O PP de Lugo pide unha actución máis completa no barrio do Carme

LugoXa
O Partido Popular propón que o bipartito desenvolva o planeamento para reordenar e fomentar o investimento no Carme.
pp proxecto barrio do carme
8 sep 2023

O Partido Popular propón que o bipartito desenvolva o planeamento para reordenar e fomentar o investimento no Carme. Ten como obxectivo que se lle dea unha segunda vida ao barrio unha das zonas máis emblemáticas da cidade para recuperar de forma integral unha zona senlleira de Lugo, que acabou sendo un espazo vulnerable, en vez dun lugar de futuro e oportunidades

O concelleiro Ramón Cabarcos explicou que “o que está facendo agora o bipatito nesta zona é unha actuación superficial, un pinta e colorea que non profundiza, nin soluciona os problemas do Carme”-

Dende o PP propoñen levar a cabo un planeamento novo reordenando o Carme xa que “tal e como está arestora é unha zona inmobilizada, non é un lugar atractivo para o investimento” engadindo que “se non reaccionamos en 2027, cando acabe este mandato, seguirá todo igual”.

A proposta do PP para a rexeneración do barrio do Carme supón a modificación do PXOM para redeseñar as disposicións do PERI - 6 e fixar un coeficiente de edificabilidade delimitando os espazos destinados a aproveitamento residencial, así como os espazos destinados a outros usos.

En definitiva o que necesita este barrio é favorecer as obras de habitación residencial cos informes necesarios e resolver as zonas que quedan nos límites do plan especial (Poeta Noriega Varela e traseiras da Rúa Santiago) así como favorecer a implantación de novas actividades.

Os populares aseguran que “esta intervención urbanística debe ir acompañada dun plan de dinamización: se queremos incentivar a recuperación de barrios emblemáticos de Lugo hai que ofrecer seguridade xuridica e axilidade nas tramitacións”.

0.20451307296753