O PP de Lugo pide unha ordenanza que regule o uso dos locais sociais municipais

LugoXa
Segundo o PP, o Goberno local "está a fomentar o clientelismo e a arbitrariedade ao favorecer a algúns usuarios na utilización destes espazos"
centro-social-de-Pías-Lugo
24 Feb 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo denunciou a falta de transparencia e regulación no uso dos locais sociais municipais na zona rural, sinalando que esta situación está a xerar desigualdades no acceso a estes espazos.

Din que, actualmente, non existen criterios claros e públicos sobre o seu uso, cesión ou reserva, o que favorece prácticas arbitrarias.

Segundo o PP, o Goberno local "está a fomentar o clientelismo e a arbitrariedade ao favorecer a algúns usuarios na utilización destes espazos".

O Partido Popular subliña que debería haber unha ordenanza que regule de maneira clara e pública o uso destes espazos evitaría estas prácticas e garantiría que os locais sociais cumpran a súa verdadeira función: estar ao servizo de toda a cidadanía, sen favoritismos políticos nin discrecionalidade.

⚙ Configurar cookies
0.21723699569702