O PP de Lugo pide unha solución aos problemas de inundacións da avenida Fontiñas

LugoXa
Entre as cuestións que presentarán na comisión municipal, tamén se atopa o uso das instalacións deportivas dos colexios por parte dos clubs A maioría das cuestións que presentarán os populares na comisión municipal desta correspóndense con “problemas mínimos de falta de mantemento”.
inundacion_fontiñas
18 Mar 2024

Entre as cuestións que presentarán na comisión municipal, tamén se atopa o uso das instalacións deportivas dos colexios por parte dos clubs

A maioría das cuestións que presentarán os populares na comisión municipal desta correspóndense con “problemas mínimos de falta de mantemento”. Nas Comisións de Transición Ecolóxica e Impulso Rural piden unha solución aos problemas de inundacións do bulevar da avenida Fontiñas, onde a auga apoza e dificulta o paseo dos peóns por esta zona. Tamén se solicitan traballos de limpeza dun vertedoiro incontrolado nun solar que hai na rúa Barbeito no polígono das Gándaras e adecentar un solar municipal que hai na Croa.

Para a zona rural figuran varias petición: o arranxo das fochancas da pista que vai ao lavadoiro de Calde; así como a vía que pasa por Amieiro e Fonte do Mouro, facer o rameo do acceso a Novafrigsa no cruce da estrada de Coeses e Soñar. As instalacións para os máis pequenos da casa tamén teñen o seu espazo: solicitan a cobertura dun dos parques infantís da Fonte dos Ranchos e o arranxo do parque da rúa Primavera con Carril das Frores, así como a limpeza do parque infantil da Croa.

Na comisión de Cultura, preguntarán pola falta de mantemento dos aparcadoiros para persoas con discapacidade xa que moitas delas están practicamente borradas. Volven a requerir información sobre as filtracións das ventas arqueolóxicas da rúa Doutor Castro e da vitrina da Casa dos Mosaicos que está sen luz o que obriga a que os visitantes teñan que iluminar cos seus móviles para ver o seu contido.

Reclamacións dos veciños

Entre as reclamacións dos lucenses atópanse a demanda por parte da veciñanza da Serra Gañidoira que pide a limpeza do verdín e arranxo do pavimento, mentres que na rúa da Herba solicitan a limpeza e reposición dos bancos. Ademais, solicítase a reposición de tapas nas arquetas de servizo da rúa Balteira. Para a Comisión de Contas preguntan sobre cando está previsto que se habiliten as 40 prazas que o Goberno local prometeu crear na rúa Poeta Noriega Varela.

Por outra banda, queren información do borrador da Ordenanza de Circulación e sobre si o Concello ten rexistradas as instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial, tales como a baixa tensión, os aparellos de elevación e a protección activa contra incendios do novo auditorio.

Na Comisión de Dinamización Económica insisten en que, dado que nos orzamentos para 2024 non hai consignación económica para solucionar os problemas de insuficientes instalacións, o Goberno local debería reconsiderar poñer en práctica o acordo da FEGAMP para utilizar instalacións deportivas dos colexios por parte dos distintos clubs e asociacións deportivas. Tamén reiteramos a petición de que na piscina exterior de Frigsa coloquen un dispositivo para permitir o baño a persoas.

0.19952321052551