O PP de Lugo pon en valor a mellora na estrada LU-546 ao seu paso por Nadela

LugoXa
"Esta actuación responde ás solicitudes dos veciños da zona e representa un importante avance en materia de seguridade e accesibilidade para os usuarios do consultorio", explicaron
Arranxo-LU-546
10 Mar 2025

O Grupo Municipal Popular de Lugo expresou o seu agradecemento á Xunta de Galicia pola recente intervención realizada na LU-546, no seu entronque en Nadela, que inclúe a reparación da zona de estacionamento diante do Centro de Saúde.

"Esta actuación responde ás solicitudes dos veciños da zona e representa un importante avance en materia de seguridade e accesibilidade para os usuarios do consultorio", explican os populares.

A intervención foi solicitada polos veciños durante a presentación da proposta do Grupo Popular para a humanización deste tramo, realizada o pasado 17 de febreiro.

Naquel encontro, os residentes trasladaron a necesidade de mellorar a zona de aparcamento, que presentaba desperfectos e dificultaba a mobilidade.

A reparación actuou na eliminación dos problemas de acumulación de grava na calzada, mellorando a seguridade viaria e facilitando o tránsito para os usuarios do Centro de Saúde.

A portavoz popular, Elena Candia, destacou a "rápida resposta da Xunta, porque estas melloras supoñen un beneficio directo para os veciños de Nadela".

⚙ Configurar cookies
0.17583608627319