O PP de Lugo pregunta por un plan para revitalizar o mercado de Fingoi

LugoXa
Reclama tamén unha solución aos "problemas de seguridade" na contorna da discoteca Valentino
mercado-fingoi-lugo
15 Jan 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao goberno local que aclare se ten previsto impulsar algunha acción para a dinamización do mercado de Fingoi e da súa contorna. A concelleira popular lembra como noutros tempos este edificio chegou a albergar unha trintena de negocios, pero que hoxe permanece case baleiro, con só dous establecementos en funcionamento (peixería e froitería).

Ademais, os populares destacan a preocupación da veciñanza polos problemas de seguridade que existen nun local que está ao seu carón, onde estaba a antiga discoteca Valentino, na rúa Pintor Corredoira. O inmoble, en evidente estado de abandono e completamente desmantelado, mantén accesos abertos, o que supón un risco dende o punto de vista da seguridade e da salubridade para a cidadanía, especialmente nunha zona próxima a centros educativos.

0.17267107963562