O PP de Lugo presenta enmendas para mellorar os orzamentos de 2025 do Goberno local

LugoXa
Os concelleiros populares, Mar Carballas e Javier Vázquez, explicaron que o obxectivo destas propostas é "garantir que Lugo conte con uns orzamentos máis sociais e equilibrados"
Mar-Carballas-e-Javier-Vázquez-PP-Lugo
28 Jan 2025

O Partido Popular de Lugo presentou unha serie de emendas "para mellorar os orzamentos do Goberno local, priorizando proxectos esenciais para a cidade de Lugo", explican.

Entre as propostas máis destacadas atópanse a construción dun aparcadoiro en Fontiñas, a mellora do abastecemento de auga, o impulso dun plan local de saúde mental, axudas sociais e apoio aos maiores, así como iniciativas dirixidas á xuventude, como un convenio coa USC.

Ademais, o PP propuxo estudar o achegamento da estación intermodal á cidade, manter a protectora de animais na súa ubicación actual e a adecuación de todos os postos do mercado, non só os baleiros.

Os concelleiros populares, Mar Carballas e Javier Vázquez, explicaron que o obxectivo destas propostas é "garantir que Lugo conte con uns orzamentos máis sociais e equilibrados".

Ambos expresaron o seu desexo de ter sido parte da elaboración deste documento e destacaron a necesidade de abordar os orzamentos nun pleno extraordinario. "É inaceptable que a documentación dos orzamentos se entregue cunha antelación tan curta, impedindo á oposición realizar un análise en profundidade. Isto non é democracia, é poñer trabas para ocultar a falta de xestión", criticaron.

Vázquez e Carballas tamén aseguraron que "os orzamentos do Goberno local son febles, carecen dun proxecto de futuro para Lugo". Segundo o PP, a súa prioridade é garantir que os veciños coñezan a verdade e que se aseguren unhas contas equilibradas e responsables.

0.078349828720093