O PP de Lugo propón crear un rexistro municipal de persoas electrodependentes

LugoXa
A medida busca garantizar a atención prioritaria ante cortes de luz ou emerxencias climáticas
PP-de-Lugo-rolda-de-prensa
27 May 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular levará ao próximo Pleno unha proposta para que o Concello de Lugo cree un rexistro municipal voluntario e confidencial de persoas electrodependentes, co obxectivo de garantir atención prioritaria en situacións de risco como cortes de luz ou fenómenos meteorolóxicos adversos.

Estas persoas, que dependen de dispositivos como respiradores, concentradores de osíxeno ou equipos de diálise domiciliaria, atópanse en risco vital ante calquera interrupción no subministro eléctrico.

Por iso, "desde o PP propoñemos tamén a elaboración dun protocolo de actuación municipal que integre servizos sociais, Protección Civil, emerxencias e compañías subministradoras, para actuar de forma coordinada e eficaz en caso de emerxencia", sosteñen.

A iniciativa complétase cunha proposta para desenvolver unha campaña de información e sensibilización, en colaboración con centros de saúde, entidades sociais e asociacións de pacientes, que facilite a inscrición no rexistro e chegue ás persoas que máis o necesitan.

En conclusión, explican que se trata dunha medida preventiva e de xustiza social, que reforza a capacidade de resposta do Concello e pode marcar a diferenza entre a vida e a morte en situacións críticas

⚙ Configurar cookies
0.17825102806091