O PP de Lugo propón reorientar o proxecto dos hortos urbanos e destinar os cartos á Protectora

LugoXa
Na última xunta de goberno aprobouse a listaxe provisional de adxudicatarios dos hortos urbanos de Paxariños, comprobando que a demanda non foi suficiente, quedando 5 parcelas dispoñibles das 32 que hai na zona.
31 Mar 2024

Na última xunta de goberno aprobouse a listaxe provisional de adxudicatarios dos hortos urbanos de Paxariños, comprobando que a demanda non foi suficiente, quedando 5 parcelas dispoñibles das 32 que hai na zona. Ante esta situación o Goberno local terá que abrir un segundo prazo para adxudicar as hortas que quedan sen propietario que as cultive por un período de 2 anos.

A concelleira popular Mar Carballas explica que resulta chamativo que se incorporasen á listaxe de adxudicatarios as peticións que chegaron fóra de prazo o que reflicte a falta de interese da cidadanía en participar neste proxecto. Diante destas circunstancias consideramos necesario reorientar o proxecto dos hortos urbanos da contorna do Impulso Verde e destinar os recursos dispoñibles a outras iniciativas como a ampliación das instalacións da Protectora.

Para a concelleira popular é “incoherente seguir promovendo a construción de novos hortos urbanos senón logran adxudicar a totalidade dos que hai en Paxariños”, asegurando que é incomprensible que tendo 5 hortas urbanas libres o Goberno local sigan defendendo facer outros 74 na contorna do Edificio Impulso Verde. “Non hai nada menos sostible que construír novas dotacións sen ter a pleno rendemento as que xa existen”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18710017204285