O PP de Lugo reclama intervencións básicas de seguridade vial e de mantemento no barrio da Fervedoira

LugoXa
Esta vía é de titularidade municipal a raíz dun convenio asinado no ano 2004 polo alcalde de Lugo e a ministra de Fomento Magdalena Álvarez
Fervedoira-Protección-Lugo
6 Nov 2024

O Partido Popular de Lugo reclama intervencións básicas de seguridade vial e de mantemento para dignificar a entrada á cidade de Lugo polo barrio da Fervedoira.

Así, co ánimo de garantir a seguridade das persoas que circulan a pé e dos conductores que utilizan esta entrada a Lugo, propoñen como actuacións inmediatas a construción de beirrrúas para facilitar o tránsito dos peóns, a renovación das luminarias para mellorar a visibilidade e a seguridade nocturna, a colocación de sinais cinexéticas para informar da presenza de corzos e xabarís e mecanismos para reducir a velocidade.

Ademais, piden outras iniciativas por parte do Goberno local, como a mellora dos autobuses, xa que din contar con escasas frecuencias e horarios que non se adaptan ás necesidades; maior presenza de policía, xa que se trata de zonas consideradas como puntos quentes das okupacións; ou facer desbroces máis periódicos para evitar que a maleza tape sinais ou que o firme o cubra a vexetación.

Esta vía é titularidade municipal a raíz dun convenio asinado no ano 2004 polo alcalde de Lugo e a ministra de Fomento Magdalena Álvarez e, posteriormente, a cesión feita oficial en marzo de 2011, mediante unha acta firmada polo alcalde e polo xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

0.14843392372131