O PP de Lugo reclama o arranxo da pista do colexio Paradai

LugoXa
O Partido Popular de Lugo pide que se repare a cuberta da pista polideportiva do Colexio Paradai.
goteiras pavillon paradai portada
27 Out 2023

O Partido Popular de Lugo pide que se repare a cuberta da pista polideportiva do Colexio Paradai.

Segundo indican o seu alumnado ten que facer ximnasia nun pavillón cuxo pavimento ten charcos "obrigando aos estudantes a convivir con cubos onde se recolle a auga das goteiras".

Dende o Grupo Popular instan a que se planifiquen estas obras lamentando que non se acometeran durante o verán.

"Hai que recordar que as obras de conservación e mantemento dos centros educativos é unha competencia do concello", din.

goteiras pavillon paradai
0.18899202346802