O PP de Lugo reclama o arranxo da rúa Fonmiñá en Burozos, no barrio do Sagrado Corazón

LugoXa
Os populares din que o seu estado é "de total abandono"
arranxo-Rúa-Fonmiñá-PP-Lugo
6 Nov 2024

O PP de Lugo reclama o arranxo da rúa Fonmiñá en Burozos, no barrio do Sagrado Corazón de Lugo, xa que din que o seu estado é "de total abandono".

Os populares indican que cando o Goberno local acometeu as obras para substituír os farois, os operarios tiveron que empregar escadas de man para facelo, "pois o camión non podía achegarse en condicións para empregar a cesta", critican.

Así, fanse eco da voz dos veciños, que explican que son moitos os residentes da zona que utilizan a diario esta vía para ir ao colexio do Sagrado Corazón, polo que reclaman que se cumpran as promesas que lles fixeron.

0.10755610466003