O PP de Lugo reclama o mantemento do parque Marcos Cela
O Partido Popular de Lugo reclama que se realice o mantemento e a limpeza do Parque Marcos Cela e aseguran que urxe a renovación do pavimento que ten fendas de varios centímetros que supoñen un risco para os cativos que xogan nel.
Os populares lamentan a falta de mantemento e o abandono do Parque Marcos Cela, “un entorno que está descoidado, con suciedade e con pintadas en mobiliario e edificios”.
Reclamamos a anclaxe de bancos e reparación das varandas que hai no interior desta zona e pedimos que se renoven as travesas da escaleira que comunica os paseos interiores co parque infantil.
Os populares tamén urxen a renovación do chan de caucho do parque infantil que está na Avenida de Magoi e que presenta fendas de varios centímetros poñendo en risco a seguridade dos rapaces e rapazas.
Os populares explican que esta zona de xogo se fixeron uns parches para arranxar o pavimento pero esta solución provisional empeorou o seu estado.
Outas peticións para mellorar este lugar de xogos infantís son mellorar a limpeza do mobiliario así como o mantemento da zona axardinada.