O PP de Lugo reclama solucións para o saneamento no barrio de As Saamasas

LugoXa
Representantes do partido mantiveron unha reunión coa veciñanza do barrio das Saamasas dentro da dinámica habitual de traballo baseada na escoita activa
reunion-vecinos-as-saamasas
3 Jun 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular mantivo unha reunión coa veciñanza do barrio das Saamasas dentro da dinámica habitual de traballo baseada na escoita activa para coñecer de primeira man as necesidades dos barrios e parroquias de Lugo e trasladar as súas peticións a PSOE e BNG.

Durante o encontro, os veciños expresaron a súa preocupación por múltiples cuestións que afectan ao barrio entre as que destacan as deficiencias en servizos básicos como o saneamento e a subministración de auga: reclamaron un proxecto saneamento dentro do Plan Único da Deputación; trasladaron a súa indignación porque sofren cortes constantes chegando incluso a estar sen auga durante case unha semana. Así mesmo, denunciaron problemas recorrentes nas canalizacións con reventóns de sumidoiros pola presión da rede e outras obstruídas por falta de mantemento.

A necesidade de desbroce urxente da vexetación que invade o espazo viario nalgúns puntos do barrio e a escasa limpeza que non chega ata as zonas altas do barrio así como a demanda de ademais máis papeleiras e contedores especialmente á altura dos números 164 e 166 xunto ao transformador completan a listaxe de necesidades.

En canto á mobilidade e seguridade viaria os veciños amosan o seu malestar polo peche da estrada en eventos deportivos sen ofrecer alternativas de acceso ás vivendas así como pola perda de prazas de aparcamento trala a implantación do carril bici sen ter en conta as necesidades reais do barrio. Reclaman a colocación dun espello nunha curva perigosa onde xa houbo varios sustos á baixada da igrexa de San Nicolás e a mellora da sinalización na rotonda do centro comercial Carrefour para indicar con claridade a saída cara ao centro da cidade.

Por último denunciaron a ausencia de beirarrúas nun tramo de 100 metros na rúa Marqués de Ombreiro obrigando aos peóns a camiñar pola calzada con evidente risco para a súa integridade

Desde o Grupo Popular comprometémonos a trasladar todas estas demandas ao goberno local porque queremos ser parte da solución e contribuír a que barrios como As Saamasas deixen de estar esquecidos sobre todo agora que pagan máis impostos logo da suba aplicada polo PSOE e o BNG.

⚙ Configurar cookies
0.79040288925171