O PP de Lugo reclama solucións para que abra a Escola de Música

LugoXa
Vázquez lamenta que a falta de xestión e previsión do BNG poña e perigo este servizo e que, a estas alturas, "sigamos sen ver unha solución clara no horizonte"
Escola-Música-Lugo-PP
7 Nov 2024

O PP de Lugo reclama solucións para que a Escola de Música abra as súas portas canto antes, xa que, segundo Javier Vázquez, “o inmobilismo do BNG” bloquea a posta en funcionamento deste servizo municipal, afectando a máis de 300 lucenses que deberían ter iniciado o curso hai dous meses”.

Javier Vázquez afirmou que a Escola de Música é "un servizo público fundamental na oferta cultural e educativa de Lugo", lembrando que o problema da situación que vive nestes momentos vén motivado porque o goberno local “se nega a cumplir o acordo do pleno de subir aos músicos da banda á categoría retributiva que lles corresponde como docentes”.

Os populares recriminan ao responsable desta área, o BNG, que “poña en risco este servizo público que conta cunha alta demanda e que deixe na estacada aos 350 lucenses que se apuntaron nas listas deste curso académico que debería estar funcionando dende setembro”.

Vázquez lamenta que a falta de xestión e previsión do BNG poña en perigo este servizo e que, a estas alturas, "sigamos sen ver unha solución clara no horizonte".

Tamén insiste en que hai desinformación aos usuarios. De feito, na Circular Informativa que hai na porta da Escola se pode ler que a previsión é iniciar a actividade académica será nos primeiros días de outubro. "Pedimos unha solución urxente e un compromiso real coa cultura", conclúen.

0.16428899765015