O PP de Lugo recolle as queixas dos veciños da Garaballa

LugoXa
Los populares se hacen eco de las quejas de los vecinos de A Garaballa que piden al ayuntamiento un paso de peatones.
Garaballa lugo
10 Abr 2022

Os concelleiros populares fanse eco das queixas dos veciños da Garaballa, que piden ao Concello de Lugo un paso de peóns no cruzamento das rúas Fisterra, Pedáneo Xoán Diego e Garaballa de Abaixo.

Para os populares esta petición é moi necesaria xa que este é un punto no que adoitan cruzar bastantes peóns polo que é preciso regular este tránsito de persoas.

Ademais, os veciños tamén piden a colocación de máis colectores na zona, xa que hai moi poucos, polo que piden a instalación de máis e tamén a instalación de colectores para facer unha recollida selectiva, xa que agora so hai colectores para residuos orgánicos.

Os populares tamén comprobaron como é preciso a urbanización dun treito da rúa Garaballa de Abaixo, que está completamente en terra, sen esquecer o arranxo da pista que une a rúa Garaballa de Abaixo coa rúa Camiño do Souto, unha pista que se atopa en moi mal estado e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo.

Os concelleiros populares explican que o Concello de Lugo xa realizou unha actuación nesta pista hai uns anos, unha intervención que non paliou ás deficiencias que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade é nefasto.

Unhas demandas que os veciños acompañan dunha recollida de sinaturas, campaña na que recolleron uns 60 apoios de veciños da zona.

0.19689083099365