O PP de Lugo reforza a Xunta Local con 13 novos membros

LugoXa
Na xuntanza tamén se repasaron as actividades que se desenvolverán para o vindeiro trimestre nos distritos
xunta-local-partido-popular
15 Mar 2025

O presidente do Partido Popular de Lugo, Ramón Carballo, e a voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, valoraron de forma positiva as novas incorporacións á Xunta local do partido. Ambos destacaron que “a chegada destas persoas é un reflexo da confianza que a cidadanía ten no PP de Lugo neste momento, así como do compromiso de moitos lucenses que queren sumar esforzos para construír un proxecto ilusionante para a cidade”.

"A ampliación da Xunta Local, que con estas incorporacións supera os 100 membros, non só nos vai permitir chegar a máis barrios e parroquias, senón que tamén garante a representación de distintos sectores da sociedade, enriquecendo así o proxecto do noso partido", dixo.

Deste xeito, o Partido Popular de Lugo continúa fortalecendo a súa estrutura coa incorporación de novas voces que achegan diversidade, experiencia e ganas de traballar polo futuro do municipio.

As 13 persoas que se incorporan á Xunta local son:

  • Ana Isabel López Domínguez García (sanitaria)
  • Sara Barreiro Lázare (nutricionista)
  • Marcos Otero Ouro (avogado)
  • Alejandra Gual López (avogada)
  • Javier Arias Fouz (licenciado dereito)
  • Juan José Rodríguez Prieto (Docente)
  • Paula Lago Prieto (Comunicación Dixital)
  • Lydia González Sánchez (avogada)
  • José Antonio Morado (xubilado)
  • Rubén Costa (estudiante ADE)
  • Nicolás Pérez (estudiante de Empresa e Tecnoloxía)
  • María Mouríz (estudiante economía)
  • Gabriel Piñeiro (técnico turismo)

Nesta xuntanza tamén se avanzou o calendario de actividades nos distritos para o vindeiro trimestre e que abarcan desde as charlas de seguridade viaria no rural en colaboración co subsector de tráfico pasando por encontros co comercio de proximidade. As actividades, que arrincaron o pasado mes de febreiro, están a desenvolverse con grande éxito de público. A vindeira semana porase en marcha un novo espazo de interacción con familias para facer partícipes aos máis pequenos da casa e para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e expectativas sobre o Lugo que queren.

Outro dos puntos que se abordou na Xunta Local foi o da organización dunha homenaxe a Francisco Cacharro Pardo no décimo aniversario do seu pasamento, que tivo lugar nestes días. Acordouse impulsar este recoñecemento “organizarase unha mesa redonda para recordar a súa figura na que se abordará tanto a súa faceta humana como o seu papel no desenvolvemento de Lugo e da súa provincia”.

Caballo e Candia afirmaron que "sen a súa visión o Campus de Lugo non existiría, a Ribeira Sacra non tería dado o salto turístico que hoxe a define, e espazos como o Parque do Rato ou as estradas comarcais que vertebran a provincia non serían unha realidade".

⚙ Configurar cookies
0.17337703704834