O PP de Lugo retírase da comisión de festas do San Froilán tras pedir as contas das patronais do 2023

LugoXa
Os populares consideran que a negativa a proporcionar os detalles económicos das patronais é unha grave infracción dos principios de xestión pública
San Froilan
5 Ago 2024

Ante a falta de transparencia e o oscurantismo sobre o diñeiro que se gastou no San Froilán do ano pasado o PP retírase da comisión de festas do San Froilán e recorre á Valedora do Pobo tras pedir, ata 5 veces, sen éxito as contas das patronais de 2023. O Grupo Municipal do PP anunciouno así logo de que o BNG lles negase ata en cinco ocasións a información que solicitaron sobre as contas do San Froilán de 2024, aseguran.

Os populares consideran que a negativa a proporcionar os detalles económicos das patronais é unha grave infracción dos principios de xestión pública e proba a falta de transparencia do goberno de Lugo polo que decidiu, por un lado, como protesta polo oscurantismo do BNG abandonar a comisión de festas, e por outro lado, para defender os seu dereitos, solicitar o amparo da Valedora do Pobo.

“Sentímonos agraviados pola falta de transparencia xa que sen esta información se limita a nosa capacidade para adoptar decisións e se están violando os nosos dereitos, o que impide unha participación política efectiva”. No escrito que se presenta diante da Valedora do pobo para que revise o que os populares consideran “prácticas abusivas e escurantistas” se enumera de forma cronolóxica as veces nas que reclamaron as contas do San Froilán.

Aseguran que a última resposta na que din “descoñecer cando poderán facilitar as contas debido á falta de persoal” é unha estratexia de evasión que o único que xera é máis desconfianza. Non teñen vontade política de render contas e facilitar a supervisión e control por parte da oposición. Para os populares resulta unha tomadura de pelo que a 2 meses do San Froilán non haxa información das contas e que vaian a presentar as patronais sen dar conta do gastado na anterior edición

0.14398789405823