O PP de Lugo teme que a praia fluvial non se vaia rematar este verán
O PP do Concello de Lugo teme que a praia fluvial que o Goberno está a construir no paseo do Miño, "non só se vaia a atrasar senón que, por desgraza, sospeitamos que nin tan sequera a vaiamos a poder gozar este verán”.
Así o explicou o viceportavoz Antonio Ameijide lamentou que “a incompetencia de PSOE e BNG poida deixar aos lucenses outro verán máis sen esta zona de baño público no Miño que prometeron no ano 2010 e que a alcaldesa leva desde fai sete anos dicíendonos que a vai a poñer en marcha”.
Os populares cren que o que pasa coa praia fluvial de Lugo “é para facerllo mirar xa que en calquera municipio limítrofe se conta con esta dotación”. “Se facemos unha batida polos concellos da contorna observamos como os gobernos municipais si foron capaces de ofrecer ás súas veciños zonas de baño públicas nos ríos como é o caso do Corgo, Outeiro de Rei,Begonte, Portomarín, Friol (tirárono e volvérono a facer), Pontenova, O Cádavo ... téñense que ir bañar a municipios limítrofes”.
“Que é o que pasa co goberno local de Lugo?, non lles pedimos nada que non teñan en calquera outro sitio”. Ameijide explicou que “de entrada o que anunciaron aos catro ventos foi un parche, non é unha praia fluvial senón que se trata dunhas piscinas flotantes”.
“Dicía Méndez que este proxecto era unha demanda histórica e o que é histórico é o trompazo que se acaba de levar o bigobierno: un dos seus proxectos estrela estrélase” destacan desde o PP.
Para Antonio Ameijide este “vai ser o último verán de Lara Méndez como alcaldesa e se como todo apunta poderiámonos quedar sen praia fluvial o que se certificará é un novo fracaso na súa xestión á fronte do concello de Lugo”.
A modo irónico o viceportavoz popular recomendáballe á rexedora que se puxese en contacto co seu retrouso no goberno o señor Arroxo “igual ten gardadas as táboas que puxo no ano 2016 para facer unha escaleira que permitise meterse no río”.