O PP de Lugo urxe a que se faga a beirrarúa da rúa Virxe da Soidade

O PP de Lugo urxe a que se faga a beirrarúa da rúa Virxe da Soidade e propón reservar unha partida nos orzamentos de 2025, tras pedir información sobre a situación na que está a urbanización desta vía e cuxo proxecto encomendouse a Evislusa en 2017 por un importe de 3.500 euros.
"A parálise deste proxecto é un claro exemplo da ineficacia e a irresponsabilidade de PSOE e BNG, xa que estamos falando dunha intervención moi necesaria para garantir a seguridade tanto dos peóns como dos condutores que circulan por esta rúa que dá acceso ao colexio das Gándaras".
Elena Candia e Ramón Cabarcos puxeron enriba da mesa a documentación oficial que acredita que “gardaron nun caixón un proxecto cuxa encomenda é do ano 2017”, indicando que desde o Concello de Lugo "buscaron escusas para enganar a cidadanía".
A voceira e o vicevocerio popular demostraron, que en 8 anos, o Goberno local "non fixo esta intervención por falta de vontade, xa que a desculpa de que non identifican un propietario está documentada no informe de xestión de Evislusa do ano 2018 e se volve reiterar no de 2020".
Ante esta situación, dende o PP solicitan que avance este proxecto e anuncian que que pedirán que se dote cunha partida orzamentaria específica para 2025 para poder avanzar nesta obra.