O PP de Lugo ve "positivo" o anuncio da licitación de cámaras de videovixilancia nos polígonos industriais

LugoXa
"Sempre defendemos que a videovixilancia é unha ferramenta imprescindible para disuadir delitos e facilitar a súa resolución", destacan desde o Partido Popular
terminal-mercadorias-lugo-ceao
19 Nov 2024

O Grupo Municipal Popular ve positivo que, "por fin, tras máis dunha década sen cámaras de videovixilancia activas nos polígonos industriais, o Concello anuncie agora a súa licitación".

Así, lembran que entre 2007 e 2012, o sistema de videovixilancia funcionou no polígono do Ceao, pero desde entón quedou en desuso porque "o Goberno local renunciou a renovar o permiso ante a Comisión de Garantías de Videovixilancia", critican os populares. "Este abandono, malia as continuas demandas dos empresarios, deixou desprotexida unha das áreas industriais máis importantes da cidade", engaden.

En novembro de 2020, o Grupo Popular levou a pleno unha iniciativa para reactivar este sistema, proposta que PSOE e BNG votaron en contra e, posteriormente, presentaron os do PP alternativas para implantar sistemas de seguridade en puntos sensibles da cidade, incluíndo as zonas industriais.

"Sempre defendemos que a videovixilancia é unha ferramenta imprescindible para disuadir delitos e facilitar a súa resolución. por iso, agora que anuncian a licitación do novo sistema de cámaras, os populares preguntarán no pleno en que punto se atopan os trámites para solicitar o permiso necesario ante a Comisión de Garantías de Videovixilancia e se contan xa co informe favorable deste organismo, así como cando se prevé que as cámaras entren en funcionamento e se se van poder reutilizar os dispositivos que xa existen.

0.19214200973511