O PP de Lugo visita o auditorio de Magoi e critica a falta de data na súa apertura
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañou aos membros do Grupo Municipal do Partido Popular nunha visita polas instalacións do novo auditorio de Magoi. A rexedora, xunto ao concelleiro de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, mostrou aos edís populares as dependencias, ao longo dun percorrido no que explicou as numerosas subsanacións que tivo que levar a cabo o Concello para corrixir as múltiples patoloxías e defectos construtivos que afectaban ao inmoble.
Neste senso, Alvarellos, lembrou que a apertura do auditorio será posible “tras un investimento municipal que supera os 3300.000 euros destinados a solucionar as máis de 200 deficiencias inventariadas, e logo dun arduo traballo por parte dos distintos servizos municipais”. Tras a visita, os populares afirman que é incomprensible que un edificio deste nivel poda estar pechado dado que o inmoble está, e así o comprobamos, en boas condicións para a súa apertura. “Non é razonable o discurso do Goberno local de que non se pode poñer en marcha”, manifestou Ramón Carbacos. O popular indicou que as explicacións que se facilitaron son extemporáneas e, en ningún momento, xustifican o inxustificable que é “que Lugo sigue sen contar cun auditorio moderno”.
Actualmente, están a definir distintos aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo, “fase na que é necesario que varias áreas municipais traballen de forma coordinada, previa a posta a disposición da veciñanza do novo complexo e, polo tanto, á súa posta en funcionamento”, asegura Paula Alvarellos.
Pola súa banda, a concelleira popular Silvia Colmenero considera que ter un edificio deste nivel pechado é “un insulto e un desprezo absoluto do Goberno local cara aos investimentos da Xunta en Lugo”. A edil engadía que “quen paga e sufre as consecuencia desta falta de xestión é a veciñanza”. Lembran cúmprense case 46 meses e PSOE e BNG, propietarios do auditorio de Magoi, seguen sen confirmar cando se vai abrir ao público, cal vai ser o modelo de xestión desta infraestrutura e lamentan que non se den pasos para abrir os espazos públicos que hai no entorno.
Entre as patoloxías detectadas atopábanse múltiples danos ocasionados por filtracións nas fachadas, estruturas, carpintería, revestimentos interiores e pavimentos, e que veñen derivadas de defectos construtivos e da falta de mantemento, por parte da Xunta de Galicia, desde que finalizou a execución da obra, en 2016, ata que foi entregado á Administración local.