O PP de Lugo visita os centros sociais e prepara un informe da súa situación

LugoXa
O PP visita os centros sociais de Lugo e prepara un informe de propostas para mellorar a atención e as programacións
Visita Centro Social CastiNeiro pp lugo
12 Xul 2023

O Grupo Popular continua co seu programa de visitas a dependencias municipais dentro da súa liña de traballo de escoita activa e esta semana percorrerán os centros sociais da cidade coa idea de coñecer de primeira man, a través dos usuarios e do seu persoal, a situación das instalacións e os servizos que se prestan.

Gustavo Díaz, responsable de servizos sociais do Grupo Municipal, explica que estes centros “son lugares de dinamización e de atención para multitudes cuestións que afectan á veciñan ademais de ser puntos de información e de formación mediante talleres”.

Para os populares hai marxe de mellora nas programacións e nos servizos que se prestan afirmando que “Lugo ten como asignatura pendente impulsar nos centros sociais iniciativas novidosas que se adapten a realidade da poboación dos diferentes barrios do municipio”.

WHATSAPP INCIDENCIAS

Os populares tamén prestan atención presencial nas oficinas do Grupo na Casa do Concello na Praza Maior o horario de atención ao público e tamén poñen a disposición dos lucenses un servizo de whatsapp para que comuniquen as súas queixas e suxestións sobre asuntos relacionados co municipio.

O número é o 618 626 902 que precisamente tamén se utiliza para ofrecer información sobre a actividade do grupo polo que os interesados en sumarse a esta canle de comunicación só teñen que enviar a palabra ALTA para activar as notificacións.

0.18430089950562