O PP de Navia acusa ao alcalde do pago irregular da factura dunha comida

Raúl Pérez convida ao rexedor a “establecer un sistema formal e imparcial para colaborar con entidades"
Casa-Concello-Navia-de-Suarna
Casa do Concello
17 Xul 2024

O PP de Navia de Suarna advirte das "malas prácticas" do alcalde socialista do municipio por “aceptar o pago dunha factura a nome do Concello por unha comida correspondente a unha actividade que non organizou directamente”.

O portavoz popular, Raúl Pérez, explica que “o Concello pode colaborar coas distintas iniciativas e eventos que se celebren no municipio e, incluso, debe facelo para contribuír a crear movemento e dinamismo”; pero “o rexedor do PSOE utiliza fórmulas ao seu antollo, sen seguir os procedementos que debería”.

Os populares condenan a súa “falta de rigorosidade” que é froito, segundo entenden, “dun exceso de confianza no cargo”. Pero recórdanlle que “todos debemos seguir as normas, sen excepcións” e “máis se cabe sendo o máximo dirixente do Concello”.

Raúl Pérez convida, polo tanto, ao alcalde a “establecer un sistema formal e imparcial para colaborar con entidades, asociacións ou colectivos que desenvolvan actividades no concello de Navia de Suarna”.

0.20126008987427