O PP de Pol considera electoralismo o arranxo de estradas

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O PP de Pol critica o electoralismo do goberno local ao comezar co acondicionamento de estradas e vías municipais ao remate da lexislatura
acondicionamento caminos pol
20 Dec 2022

O PP de Pol critica as medidas tardías tomadas polo goberno local no arranxo de pistas e acondicionamentos das estradas e vías municipais. Para os populares estas iniciativas deberían tomarse a principios do mandato e “non perder catro anos”, polo que pensan que son medidas cunha forte carga electoral.

A presidenta do PP local, Nicole Grueira, explica que o acondicionamento de camiños é algo que levan demandando os veciños e o seu grupo desde inicios de lexislatura para facilitar a vida dos veciños e a comunicación das parroquias, así como elevar a seguridade viaria de todos os transeúntes e turismos. “Non deberíamos chegar a este punto de abandono, era preciso un mantemento continuo para aforrar diñeiro e resolver unha situación que dificulta o día a día dos polenses” di Grueira.

PETICIÓNS REITERADAS

No último pleno, o grupo municipal popular de Pol xa reclamou más inversión en estradas, para o correcto funcionamento da circulación viaria e para a seguraidade dos veciños. Neste sentido, Grueira explciaba que as vías municipais atopábanse nunha situación de total abandono, con gretas e fochancas que non permiten un tránsito efectivo de tractores, camións, transportes escolares ou servicios médicos.

Para os populares, a deixadez do goberno local é cada vez máis notoria, pois levan meses insistindo na necesidade de arranxar as pistas municipais, o desbrozamento de maleza  e mellorar a pavimentación dos camiños que dificultan desplazarse aos veciños.

0.16734600067139