O PP de Pol defende os investimentos realizados no Concello desde a Xunta de Galicia

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Nicole Grueira destaca que durante o ano 2025 o Goberno galego investiu no Concello 1.580.214,34 euros
nicole-grueira
16 Jan 2026

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Pol poñen en valor os investimentos realizados pola Xunta de Galicia no municipio, “para dar solucións reais aos problemas dos veciños”, fronte a un PSOE e un BNG que dende a Deputación de Lugo “unicamente se preocupan de pagar os caprichos do alcalde”.

A voceira popular, Nicole Grueira, quere destacar as axudas realizadas dende o goberno galego “ante os constantes ataques realizados por parte de socialistas e nacionalistas negándose a ver os investimentos realizados pola Xunta”.

Nicole Grueira destaca que durante o ano 2025 a Xunta de Galicia investiu no Concello de Pol 1.580.214,34 euros, “demostrando un compromiso real co benestar dos veciños, fronte á inacción do goberno municipal e mentres a Deputación do PSOE e do BNG só deu prioridade aos caprichos de Lino Rodríguez”.

Algúns exemplos do investimento realizado pola Xunta en 2025, que repercutiron en beneficios para o día a día dos veciños:

  • Axudas á ANPA do colexio: 2.990€
  • Plan Benestar na Escola: máis de 10.000 € para o colexio, mentres o Concello non achegou ningún recurso e abandona aos nenos de Pol.
  • PAI: 20.849€ mentres o alcalde non investiu nin un euro nin é capaz de poñer a disposición un edificio que mellore notablemente o benestar dos pequenos
  • Fondo de Cooperación Local: máis de 180.000€ en diversos proxectos
  • Arranxo de camiños municipais: máis de 66.000€, sen participación algunha do Concello
  • Axuda no Fogar: case 228.000€

Afirma que o investimento evidencia dous modelos de xestión moi distintos: “Mentres o PP, dende a Xunta de Galicia, traballa para intentar resolver problemas reais dos veciños de Pol, PSOE e BNG dende o Concello de Pol e a Deputación unicamente están centrados en financiar os caprichos do alcalde”.

⚙ Configurar cookies
0.092766046524048