O PP de Pol reclama ao Concello que vote en contra de arranxar as pistas

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Grueira reclama ao alcalde "faltas de respecto" durante as celebracións do Pleno
nicole-grueira
11 Apr 2025

“O alcalde de Pol admitiu a débeda do Concello”, segundo valora a portavoz do PP, Nicole Grueira, tralo pleno municipal celebrado este xoves ao argumentar que “non había cartos” para o arranxo das pistas municipais como pedía o Partido Popular.

De todos modos, “non lle quedaba máis remedio” xa que os informes técnicos sobre a liquidación do orzamento de 2024 tamén revelan que “o Concello está obrigado a aprobar e executar un plan económico-financeiro a dous anos por non cumprir coas magnitudes de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira”. E a débeda viva é dun 363,77 % polo que “o Concello non pode concertar operacións de crédito a longo prazo”.

A voceira popular afeou durante a sesión plenaria na que o equipo de goberno votou en contra da iniciativa do Grupo Municipal Popular para a mellora das pistas municipais que que “o Concello non dispoña de diñeiro para isto; pero, cando o alcalde ten oportunidade de pedir a outras administracións, pide para o campo de fútbol e non para mellorar as vías de comunicación que empregan os veciños e veciñas a diario”.

Grueira tamén advertiu que “o alcalde non pode recorrer constantemente ao recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar as súas comilonas -a maioría en fin de semana- sen ningún tipo de xustificación”. Neste caso, a contía ascende a máis de 1.700 euros”.

FALTAS DE RESPECTO E DE ORDE

A popular condenou, unha vez máis, as “continuas faltas de respecto do alcalde nos Plenos” e a ausencia de quendas de palabra con constantes interrupcións por parte do rexedor á oposición. “Non hai ningún tipo de orde, o alcalde practicamente non nos deixa falar e, se estamos a intervir, interrompe na maioría dos casos cun ton moi elevado”.

Unha das ocasións foi cando a portavoz do PP fixo constar as súas dúbidas sobre a intención do alcalde á hora de crear a Fundación Terras do Pol: “non dubidamos desta figura xurídica, pero si do que quere facer o alcalde con ela e máis aínda agora que non respondeu ás nosas preguntas sobre este asunto”. Ante a falta de argumentos, “o único que fixo o alcalde foi acusarnos de mentir sobre o control da mesma, cando os propios estatutos din que o presidente é o alcalde e forman parte da directiva outros dous concelleiros do goberno”.

Grueira sinalou que, unha vez máis, “o alcalde demostra que non é digno representante dos veciños e veciñas de Pol” porque “debería ser o primeiro en amosar respecto aos demais”.

0.17646312713623