O PP de Pol solicita un debate público para facer balance dos últimos anos
A candidata do Partido Popular de Pol, Nicole Grueira solicita ao alcalde do municipio, Lino Rodríguez, un debate público e aberto no que participen todas as forzas políticas con representación no concello. O obxectivo é facer un balance dos últimos catro anos e “debater de forma cordial diante de todos os veciños e veciñas os temas de interese e que sexan problemáticos para eles”, explica a candidata.
Entre os asuntos que propón abordar a alcaldable dos populares está a crise financieira que está afogando ao concello con máis de un millón de euros de débeda municipal en pago de proveedores, a falta de transparencia na xestión e nos temas administrativos do concello e a crise demográfica que levan afectando a Pol desde fai máis de 20 anos. “A perda de poboación, a escasa oferta de emprego e de solo industrial e a falta de vivendas son parte deste problema demográfico”, di Grueira.
O obxectivo principal deste debate é dar contas aos veciños da situación de declive na que se atopa o concello e o futuro incerto que vive Pol se esta crise continúa máis tempo. Por iso, a candidata resalta a necesidade deste debate público: “Como dícia Ortega e Gasset: mandar e gobernar ante todo é sentarse. Creo na importancia da escoita activa e o intercambio de opinións como parte da comunicación efectiva para resolver as demandas dos veciños e veciñas de Pol. Temos que ser parte da solución e non do problema”.