O PP de Pol acusa ao alcalde de mala praxe por non pagar un alugueiro

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O PP de Pol lamenta que podan levar de novo ao Concello ante ao xulgado a consecuencia da mala praxe do goberno local
concello de pol
12 Xuño 2023

O PP de Pol lamenta que podan levar de novo ao Concello ante ao xulgado a consecuencia da mala praxe do goberno local. Explican que fai 9 anos o Concello gardou tres retablos da vella igrexa de Caraño nun baixo chegando a un acordo verbal entre o alcalde e o dono do baixo de pago mensual o cal nunca se chegou a producir, segundo as manifestacións do particular.

De ser certa esta circunstancia, o problema estaría na falta de palabra do alcalde, que non cumpriría o que dixo, o cal demostraría a súa falta de credibilidade, seriedade e rigorosidade.

Este suposto incumprimento de palabra levaría ao Concello de Pol de novo ao xulgado. "O que suporía un forte gasto máis cando Pol está atravesando unha crise económica moi forte cunha débeda que supera o millón de euros. Este previsible proceso xudicial ao que estaría chamado o Concello de Pol, suporía un gasto elevado que a nosa economía non está para asumir. O Concello non está para malgastar o diñeiro e menos pola falta do noso representante”, advirten desde o PP de Pol.

O Partido Popular de Pol lamenta que “cada vez que sae Pol nas noticias é por un novo problema orixinado polo noso alcalde”.

0.13670802116394