O PP denuncia que non se concrete a apertura do auditorio de Magoi “listo para abrir dende decembro”
O PP crítica a visita que fixo o Goberno local ao novo Auditorio de Magoi e cualifica “de foto da vergoña e de intentar maquillar a súa falta de traballo”. Os populares afean ao Concello que “cun auditorio listo para abrir dende decembro sigue sendo incapaz de concretar prazos e contidos”. A formación política, rexistrou “un escrito informado de que iríamos a ver o edificio logo de que non contestasen ás peticións formuladas o 10 de xaneiro e o 14 de febreiro”.
A popular Silvia Colmenero destacou a “inaceptable espera para que se abra esta dotación cultural cuxa acta de recepción asinou a actual alcaldesa Paula Alvarellos en xuño de 2020”. Os populares lembran que, tras dous anos “co edifico pechado e sen ningún tipo de mantemento”, en novembro de 2022 o Goberno local identifica desperfectos “e anuncia que ten o diñeiro para facer as reparacións e que en 4 meses se subsanarán e fixa como data de apertura o 30 de abril 2023, curiosamente coincidindo con campaña electoral”.
Tras as modificacións do proxecto retrasouse a novembro de 2023 a sinatura da acta de recepción, prazo que se amplia en 15 días porque detectan novas deficiencias a subsanar. “Os catro meses que anunciaron en novembro de 2022 para reparar deficiencias convertíronse en trece meses”, reflexionaba a concelleira popular. Os populares pregúntanse, “canto tempo máis terá que pasar para que o PSOE e o BNG nos sigan privando aos lucenses destas instalacións?