O PP denuncia o abandono do Parque dos Paxariños de Fontiñas
Os populares aseguran que o parque de Paxariños leva moitos anos presentando un estado de “provisionalidade”, o que para eles indica que hai unha falta de coidado por parte do Goberno local. Denuncian varandas caídas, muros de pedra sen rematar e un parque infantil e miradoiro en moi mal estado.
O parque dos Paxariños é “un exemplo do despropósito e da ineficacia do Goberno local”. Para o Grupo do PP o PSOE contribúe “ao deterioro deste parque xa que foron os socialistas os ques presumiron de que esta zona sería un espazo de referencia do medio ambiente lucense”.
Noutra orde de cousas se solicita que se mellore o mobiliario urbano así como o mantemento da medianeira da avenida de Fontiñas. Esta é unha petición da veciñanza desta zona que tamén utiliza como espazo de descanso e paseos.