O PP denuncia o “deterioro” do parque infantil López Mella de Lugo

LugoXa
O PP alerta do deterioro do parque infantil López Mella “tras 15 meses pechado porque non se cubre a vacante do encargado que se xubilou en 2022”.
parque_lopez_mella
18 Mar 2024

O PP alerta do deterioro do parque infantil López Mella “tras 15 meses pechado porque non se cubre a vacante do encargado que se xubilou en 2022”. Os populares solicitaron unha visita para comprobar a situación na que está esta infraestrutura xa que defenden como a simple vista se pode comprobar como moito do material que está no exterior está en mal estado

Ata en dúas ocasións o PP presentou preguntas a comisión sobre a situación do parque Infantil López Mella. De feito, sosteñen que no mes de setembro o voceiro do BNG Rubén Arroxo afirmou que “solucionarían a situación o antes posible e que cubrirían a praza do monitor engardado que se xubilou en decembro de 2022”  e que decembro insistiron en que “os procesos administrativos son os que son”.

Segundo a formación política, o único paso que se deu foi abrir o prazo para cubrir esa vacante e dende que finalizou, o pasado 13 de novembro, pasaron catro meses e non houbo avances e as instalacións seguen pechadas e deteriorándose por falta de mantemento.

Ante esta situación, levarán a pleno un rogo para insistir na posta en marcha desta instalación e tamén queremos saber cando pensan reanudar a programación do parque xa que todo apunta a que este curso tampouco haberá clases de educación vial. Enrique Rozas considera escandaloso que a falta de xestión “prive, outro ano máis, á cidadanía de participar nos cursos de educación vial” xa que, a estas alturas, “é imposible que se organice cos centros escolares a programación na habitualmente participaban 2.000 rapaces e rapazas”.

0.19344902038574