O PP denuncia o estado do paseo fluvial da Fervenza, entre Lugo e O Corgo

LugoXa
O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, tras percorrer o paseo fluvial Fervenza, entre Lugo e O Corgo, de máis de 20 quilómetros á beira do Miño e paralelo á estrada LU-P-2904, lamenta “o mal estado da ruta que supón un perigo para os usuarios e dá unha mala imaxe da provincia aos nosos visitantes”.
ruta Fervenza
20 Abr 2024

O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, tras percorrer o paseo fluvial Fervenza, entre Lugo e O Corgo, de máis de 20 quilómetros á beira do Miño e paralelo á estrada LU-P-2904, lamenta “o mal estado da ruta que supón un perigo para os usuarios e dá unha mala imaxe da provincia aos nosos visitantes”.

O popular chama a atención do goberno provincial para “acondicionar esta ruta moi empregada polos lucenses para pasear ou facer deporte que no seu día foi un orgullo para a Deputación – unha senda á beira do Miño que conectaba muíños e illas, cruzando o río Chamoso e o Rato-, pero que agora PSOE e BNG teñen abandonada”. Asegura que a maleza está a invadir o sendeiro “que antes tiña 2  metros de ancho”.

Nestes momentos, o paso “está cortado polas silvas ou por árbores caídas que imposibilitan o paso, polo menos, en catro puntos diferentes”. Pide mellorar o estado deste sendeiro e “levar a cabo o correcto mantemento da totalidade das rutas de titularidade da Deputación de Lugo”. Esta ruta sitúase nun dos corazóns verdes do centro da provincia e constitúe un recurso incomparable para achegarse á natureza, ao río e favorecer a práctica dunha vida activa.

Pide o seu acondicionamento

“Xa existía a ruta, pero o goberno de Tomé, de PSOE e BNG, non só non é capaz de continuar poñendo en valor os espazos naturais da provincia, senón que nin sequera mantén minimamente os espazos herdados que temos e que son competencia da Deputación de Lugo”.

Ameijide subliña que “as rutas provinciais deberían estar debidamente acondicionadas para o seu uso durante todo o ano, pero máis aínda agora: xa estamos en plena primavera, época na que se incrementa a actividade ao aire libre, e cando xa pasou Semana Santa e se aproxima o verán, que é outra temporada alta para o turismo”.

0.21507000923157