O PP denuncia que as recentes obras na cuberta do Paciño non solucionan as goteiras

LugoXa
Antonio Ameijide cuestiona que a Deputación de Lugo tivese que contratar reparacións adicionais por 580 euros tras a reforma, que se demostrou insuficiente coa borrasca Olivier
comezo-traballos-cuberta-Pazo-dos-Deportes-Lugo
4 Jun 2025

A Deputación de Lugo acaba de contratar traballos de reparación na cuberta dos Anexos do Pazo dos Deportes, coñecidos popularmente como o Paciño, tras comprobar que, a pesar das obras realizadas hai poucas semanas e que custaron 320.000 euros, persisten numerosas goteiras cada vez que chove.

Antonio Ameijide, voceiro do Partido Popular, agarda que a recente contratación por 580,80 euros sirva para dar unha solución definitiva aos problemas que arrastran desde hai anos estas instalacións, que son usadas a diario por centos de lucenses para os seus adestramentos e encontros oficiais durante os fins de semana.

Ameijide cuestiona ao goberno provincial do PSOE e BNG por recorrer a unha nova contratación para solucionar estes fallos en lugar de facelo a través da garantía das obras iniciais. O voceiro popular lembra que tanto as familias dos deportistas como o propio PP veñen reclamando desde hai anos unha solución para un pavillón que debería ser un lugar idóneo para adestrar e competir, pero que en realidade xerou máis problemas dos que resolveu.

A borrasca Olivier puxo en evidencia que a reforma, rematada fai poucas semanas, foi unha “chapuza”, xa que desde o comezo da choiva a auga entraba facilmente no interior do pavillón, demostrando que as reparacións non foron efectivas a pesar da gran inversión realizada.

⚙ Configurar cookies
0.19790315628052