O PP denuncia que o Concello de Lugo empeora en datos de transparencia

LugoXa
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que o Concello de Lugo empeora en datos de transparencia dende 2019
RamónCarballo_CandidatoPPdeLugo_006
27 Nov 2022

Para o Partido Popular o Goberno de Lugo "volve a suspender en materia de transparencia", unha situación “moi preocupante” para o voceiro do Grupo Municipal Popular, Ramón Carballo, que afirma que "o informe realizado por Dyntra deixa en moi mal lugar ao Concello de Lugo coma institución".

Para Carballo estes resultados son “moi negativos” porque os datos deste informe "acreditan como Lugo empeora en materia de transparencia, baixando un posto no ránking das 50 capitais avaliadas xa que ocupa o posto 38 de 50, cando en 2019 Lugo estaba no posto 37".

No informe que realizou Dyntra, unha plataforma colaborativa que traballa na medición e xestión do goberno aberto as organizacións e para a sociedade civil, "o Concello de Lugo só obtén unha puntuación do 50%, uns resultados decepcionantes e moi afastados dunha administración que non ten nada que agochar”. O popular explica que "este informe valora 162 indicadores pero que, no caso de Lugo, só puido testar 81, xa que dos outros 81 valores restantes non se puido obter dato algún por mor da falta de transparencia”.

Para Carballo que Lugo se sitúe no posto 38 de 50 “é preocupante, pero aínda o é máis o feito de que o Lugo sexa a capital de provincia de Galicia que obtén unha peor puntuación" (A Coruña 61,73%, Pontevedra 59,88% e Ourense 51,85%). “Queda claro que o Concello suspende en materia de transparencia e xestión municipal”, afirmou.

Segundo Carballo informa "neste estudo hai datos fundamentais que non se publican por parte do equipo de goberno, como son a axenda da alcaldesa, non se reflicten os gastos de viaxe orixinados polo goberno local, non exista un mapa de redes sociais do Concello de Lugo ou que non se xustifique o currículum vítae da alcaldesa". "Outro dos datos que deixa en evidencia a falta de transparencia do goberno local é que non se publican as modificacións dos proxectos das obras máis importantes; non se publica información algunha sobre concorrentes, ofertas e resolucións ou que non existe ningunha ferramenta ou visor que permita coñecer as obras e infraestruturas realizadas, así como datos sobre o estado, orzamento e evolución das mesmas" afirma Carballo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18744087219238