O PP denuncia que os hortos urbanos de Fontiñas "levan un ano sen funcionar"

LugoXa
“Un ano sen poder plantar nada demostra que non só non planificaron ben, senón que tampouco foron quen de manter o proxecto”, subliñaron
Hortos-urbanosFontiñas
16 May 2025

O Grupo Municipal Popular de Lugo denuncia un exemplo do que consideran “a ineficacia do falso ecoloxismo” do goberno local.

O foco das críticas céntrase nos hortos urbanos de Fontiñas, un proxecto que, segundo os populares, leva un ano sen funcionar malia os 60.000 euros investidos e as reiteradas promesas do executivo municipal.

A concelleira popular, Mar Carballas, lembrou que o actual alcalde, Miguel Fernández, foi quen presentou en 2018 esta iniciativa como concelleiro de Medio Ambiente, destacándoa como un dos piares do modelo sostible e participativo.

Na Xunta de Goberno do 20 de marzo de 2024, aprobouse a listaxe provisional da terceira convocatoria de adxudicación dos hortos. Dos 32 espazos dispoñibles se cubriron 27, e cinco quedaron sen demanda a pesar das campañas de promoción realizadas polo Concello.

Para disimular esta escasa acollida, o PP afirma que se aceptaron solicitudes fóra de prazo, se adxudicaron parcelas a persoas que xa foran beneficiarias no 2021 e se deu por boa documentación presentada fóra de prazo en seis casos. Ademais, critican que se admitiu a solicitude dunha persoa non empadroada en Lugo.

Carballas engadiu que as deficiencias non se limitan ao proceso administrativo. Segundo recolleu o PP, unha das persoas adxudicatarias leva un ano esperando a poder cultivar, xa que o Concello non acondicionou a terra como prometera. “Un ano sen poder plantar nada demostra que non non planificaron ben, senón que tampouco foron quen de manter o proxecto”, subliñou a concelleira.

⚙ Configurar cookies
0.16747498512268