O PP denuncia que Tomé usa fondos públicos para asegurar o apoio dos deputados díscolos do PSOE

O portavoz provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide, denunciou que o convenio asinado o pasado venres polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, co Concello de Castroverde por un importe de 562.677,58 euros, marca o inicio do pago da “tregua interna” do PSOE para garantir o apoio dos deputados “díscolos” nos plenos provinciais.
Ameijide afirmou que esta achega, que forma parte dun convenio interadministrativo de cooperación no que a Deputación achegará 281.338,79 euros do total, é só “a primeira cota” das moitas que virán para asegurar que as cadeiras dos deputados críticos coa xestión de Tomé permanezan ocupadas.
O portavoz popular acusou a Tomé de asinar un “préstamo persoal” con fondos públicos para manterse no seu sillón á fronte da Deputación e preguntouse “cando nos vai custar e como serán as cuotas” destas “facturas” que, segundo indicou, pagan todos os lucenses.
Ameijide lembrou que durante o presente ano 2025, José Tomé repartiu máis de 3,5 millóns de euros en máis de vinte convenios aprobados en xunta de goberno a porta pechada, e advertiu que aínda falta a recta final do ano, cando o reparto de fondos adoita medrar ata cifras que no 2023 alcanzaron os 15 millóns de euros, mayoritariamente distribuídos entre concellos gobernados polo PSOE e BNG.
Ademais, o portavoz popular criticou o “trato desigual” e a política de “amiguetes” do presidente da Deputación, indicando que sen a presión derivada da ausencia de tres deputados no último pleno, Tomé non realizara colaboración algunha co Concello de Castroverde, e seguiría destinando fondos a proxectos como os 500.000 euros asignados recentemente ao Concello de Pol para financiar a calefacción das gradas dun campo de fútbol ou a compra dun supermercado.