O PP di que o tecido produtivo da provincia sofre polos prezos da enerxía e os pensos

TerraChaXa | LugoXa
O portavoz popular, Javier Castiñeira, deu a coñecer a iniciativa en Friol, en compañía do alcalde, José Ángel Santos
explotacion friol pp demanda pensos
26 Nov 2021

"O tecido produtivo lucense atravesa unha situación moi complicada, debido, entre outros factores, o encarecemento da enerxía eléctrica e o gasóleo. Un dos sectores máis prexudicado é o gandeiro", como sinala o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que dende Friol, e en compañía do alcalde, José Ángel Santos, anuncia a presentación dunha iniciativa na Deputación para que o Goberno cambie de estratexia, tanto na política enerxética como na laboral e tributaria, e non afogue ao tecido económico lucense.

Castiñeira sinala: “Que o tecido económico, produtivo, lucense sufre é un feito. O grupo provincial do PP leva meses denunciando esta situación, incluso anos poñendo de relevo o mal momento que pasa a nosa industria, os problemas que ten o sector pesqueiro, as dificultades da construción, os atrancos que padecen os nosos comerciantes. Dende Friol, queremos falar dun dos sectores máis afectados: o gandeiro, que é moi importante para a economía lucense”.

O portavoz popular destaca que “na provincia temos máis de 3.100 explotacións, que producen practicamente o 45% do leite galego, que, a súa vez, supón o 40% do leite nacional”. Destaca que “estes datos convértennos nunha das zonas máis importantes de produción láctea de toda Europa; é moi importante para a economía lucense, máis aínda cando esas 3.131 explotacións están  espalladas por todo o territorio lucense, co que é fundamental para a economía rural da nosa provincia”.

O portavoz popular constata que “este sector está a sufrir un dos peores momentos  dos últimos anos”.  Sinala: “Os altos custos  da produción non se ven corrixidos polo prezo de venda. Iso é incumprir a lei da cadea alimentaria. Estamos a pedir que se garantan uns prezos mínimos. Os nosos gandeiros fan ben o seu traballo; modernizaron as explotacións  nestes anos e están a traballar arreo para dar boa calidade de leite, para seguir producindo a cantidade que demanda a nosa sociedade”.

O PP demanda “un cambio da política do Goberno, da nefasta política enerxética que eleva os custos de produción, porque sube o prezo do gasóleo e da luz, o que provoca encarecemento dos pensos”. Engade: “É unha mala política de impostos e unha mala política laboral, que prexudican aos nosos autónomos e aos nosas empresas, que se ven afogadas e atravesan un momento moi malo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.067322015762329