O PP e a Plataforma Pro Residencia de Becerreá esixen a reapertura do centro de atención a maiores

LugoXa
“O Partido Popular sempre apoiou a residencia de Becerreá e está cos veciños e veciñas ata conseguir que o goberno provincial poña en marcha esta infraestrutura cumprindo co acordado”, inciden
PP-Becerreá-coa-Plataforma-Pro-Residencia-no-Parlamento-de-Galicia
5 Nov 2024

O PP de Becerreá arroupou no Parlamento de Galicia aos veciños e veciñas que conforman a Plataforma Pro Residencia de Becerreá para esixirlle ao presidente da Deputación de Lugo a apertura do centro comarcal de atención a maiores que leva preto de 3 anos rematado e aínda pechado sen ofrecer servizo aos veciños e veciñas da comarca e sen xerar postos de traballo.

O portavoz, José Fernández Carrete, e concelleiros do Grupo Municipal Popular desprazáronse a Santiago de Compostela para apoiar a “xusta reivindicación dos veciños e veciñas” coincidindo coa comparecencia do presidente do goberno provincial, José Tomé, no Parlamento de Galicia sobre os orzamentos da Deputación de Lugo para o vindeiro ano 2025.

“O Partido Popular sempre apoiou a residencia de Becerreá e está e estará cos veciños e veciñas ata conseguir que o goberno provincial poña en marcha esta infraestrutura cumprindo co acordado”, inciden. O portavoz popular lembra que “está a rematar o 2024 e continuamos coa residencia pechada”.

Por iso, Carrete esixe ao goberno provincial de PSOE e BNG “partidas orzamentarias concretas” para garantir o equipamento que falta, como a cociña, por exemplo, e tamén “realizar todos os trámites que sexan necesarios para que a súa apertura sexa unha realidade”.

0.2008740901947